Construcciones Ramírez doa unha tonelada de alimentos ao Comedor de San Francisco
Por Oskar Viéitez
Construcciones Ramírez doou máis dunha tonelada de alimentos ao Comedor de San Francisco.
Esta firma construtora pontevedresa, na súa aposta pola cooperación social e a solidariedade que lle caracteriza, quixo achegar o seu pequeno gran de area.
En coordinación co comedor, achegáronse este venres os alimentos de primeira necesidade máis demandados por esta institución.
Desta forma, Construcciones Ramírez brinda un pequeno apoio para aquelas persoas máis desfavorecidas, que á súa vez están a ser aínda máis vulnerables nestes momentos, e convida a outras empresas da cidade para axudar a aqueles que máis o necesitan tanto neste momento de emerxencia sanitaria, como ao longo do ano.
Esta acción súmase á entrega de varias tabletas dixitais ao Club Rotary de Pontevedra, co obxectivo de facilitar a comunicación entre hospitalizados polo COVID-19 e as súas familias.
Neste sentido, o Rotary Club Pontevedra traballa na segunda fase do proxecto "Rotary conecta o mundo e a ti cos teus" para entregar as seguintes 20 tablets á Xerencia de da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, para que pacientes e familias non perdan o contacto.
As 20 primeiras foron custeadas polos socios do Club pero para esta segunda entrega, abriron unha campaña de captación de fondos. Aquelas persoas que estean interesadas en colaborar pode dirixirse a rotaryclubpontevedra@gmail.com Para transferencias IBAN: ES78 0049 6781 1725 1607 6838 e para tarxeta: https://www.leetchi.com/es/c/56AZYLow
Relacionadas:
-
O comedor de San Francisco recibe produtos do agro a través da rede de Mercaproximidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
200 racións de cocido o sábado no Comedor de San Francisco
Por Redacción |
-
O Rotary Club repite doazón de 20 tablets para enfermos illados de Montecelo
Por Redacción |
-
O comedor de San Francisco amplía os días de servizo ante o aumento de usuarios
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
O Rotary doa 20 tablets para que enfermos de Montecelo illados por coronavirus contacten coas súas familias
Por María José Pita |