A Xunta fai unha terceira entrega de material de protección ao Concello de Pontevedra
Por Redacción
Un total de 2.500 luvas, outras 2.500 máscaras e 165 traxes conforman a terceira repartición de material de protección que a Xunta, a través da delegación territorial de Pontevedra, entregou ao Concello da capital este mércores 22.
O titular deste departamento do goberno galego, José Manuel Cores Tourís, apuntou o "esforzo que se está realizando desde a Xunta para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expanción do COVID19 que seguen traballando,e para que conten co material de protección que precisan".
De acordo ás cifras que reporta a delegación territorial, xa fixo entrega xa á cidade de Pontevedra de 28.000 unidades de protección individual nos envíos efectuados desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e repartición de equpos de protección individual durante o estado de alarma.
O anterior envío de material de protección entregado á administración local pontevedresa foi o pasado 7 de abril cunha dotación doutras 2.500 máscaras, o dobre de luvas e 41 traxes. O primeiro dos envíos recibido a comezo do presente abril, foi o que distribuíu maior número de unidades cunhas 5.000 mascarilas, tamén o dobre de luvas e o dobre de traxes de protección, 82.
Relacionadas:
-
A Xunta reparte 332.000 máscaras de protección entre as empresas da provincia
Por Redacción |
-
A Xunta subministrará a prezo de custo máscaras e luvas a empresas e autónomos dos sectores esenciais
Por Oskar Viéitez |
-
Nova achega de material de protección aos traballadores municipais por parte da Xunta
Por Redacción |