A Xunta prepara un plan de reactivación do turismo para as Rías Baixas con medidas de seguridade sanitaria

Por Redacción
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo, anunciaba este martes que a Xunta de Galicia está a traballar nun plan de reactivación turística para as Rías Baixas e así llo comunicaba aos principais touropeardores galegos, Viaxes Interrías, a través dunha videoconferencia.
Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, tamén asistiron a este encontro no que Román Rodríguez indicaba que a Xunta ten previsto investir máis de 25 millóns de euros neste plan de reactivación destinado tanto á actividade turística como ao sector cultural. A iniciativa busca reducir o impacto extraordinario que a situación derivada da expansión do coronavirus provocou nestas áreas.
Román Rodríguez lembrou que as Rías Baixas conforman a capital do turismo en Galicia e que coa colaboración de empresas, entidades locais e administración autonómica hai que promocionar Galicia como destino seguro. Para iso sinala que é preciso acondicionar os establecementos á nova situación, recuperar a confianza dos consumidores e promocionar as Rías Baixas para que volva ser modelo turístico e motor económico, que achega o 10,4% do PIB e dá emprego ao 11% da poboación de Galicia, segundo os datos previos a esta crise.
O Plan de seguridade higénico sanitaria desenvolverase para aumentar a confianza tanto do persoal laboral como dos turistas. Ademais, avanzou a elaboración dunha campaña de promoción potenciando Galicia como destino seguro e un Plan de teleformación a través do Centro Superior de Hostalería de Galicia con cursos aos que xa se apuntaron dous mil usuarios.
Rodríguez afirmou que se solicitou ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo un plan nacional neste mesmo ámbito para ir desenvolvendo a desescalada e establecer unha volta á normalidade en todos os sectores. Espera que a mediados de maio, a Xunta conte cun protocolo de medidas por parte do Estado que se sumará ao plan de seguridade sanitario da Xunta.
Pola súa banda, Telmo Martín indicaba que foi unha reunión "moi positiva" na que se analizaron as necesidades do sector turístico e hostaleiro, que queda pendente das desciones que adopte o goberno central para retomar a actividade. O alcalde de Sanxenxo percibe, tras os seus contactos co sector, que existe a necesidade de poñerse en marcha cuante antes para que cando se poida abrir os empresarios estean preparados.
Martín considera positiva a proposta realizada pola Consellería de Turismo á Fegamp instando a crear un distintivo específico para os municipios de interese turístico. Sanxenxo é un dos 49 municipios galegos con esta consideración.
Relacionadas:
-
A Deputación lanza dúas novas campañas online para promocionar o turismo nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Sanxenxo, elixido para un plan piloto sobre destinos turísticos de confianza ante a COVID-19
Por Redacción |
-
O alcalde de Sanxenxo pide á Deputación un salvavidas para o sector turístico
Por Redacción |
-
Sanxenxo permitirá aos bares ampliar o espazo das súas terrazas
Por Redacción |
-
Turismo Rías Baixas logra a medalla de prata nun certame turístico en New York
Por Redacción |
-
Sanxenxo lanza dous concursos para promocionar o turismo da vila
Por Redacción |
-
Calculan que, no mellor escenario post-coronavirus, Galicia perderá un de cada dous turistas
Por Redacción |
-
Cabreo do alcalde de Sanxenxo coa ministra de Traballo pola reapertura do sector turístico
Por Oskar Viéitez |