O PP propón crear unha comisión no Concello de Pontevedra para "poner los pilares de la reconstrucción"
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Pontevedra, Rafa Domínguez propoñerá ao Goberno local a creación dunha comisión para "poner los pilares de la reconstrucción" da sociedade pontevedresa afectada pola pandemia do coronavirus.
Rafa Domínguez, plenamente recuperado tras dar negativo en covid19, solicitou ao Executivo local que as propostas do PP sexan tidas en conta nunha Comisión que traballará no "pacto para la reconstrución".
O portavoz popular ha insistido en que "desde el PP de Pontevedra hemos mantenido lealtad institucional" e tamén reiterou que "es fundamental que estemos unidos" agora que "va a venir una crisis económica de magnitudes muy importantes".
Segundo Rafa Domínguez este pacto tería tres eixos fundamentais: O primeiro deles sería a "seguridade". O concello debe, ao seu xuízo, "establecer todas las garantías" para que se poida retomar a actividade laboral "garantizando los máximos estándares" con "medidas consensuadas con los representantes de los trabajadores".
O segundo eixo sería a "reconstrución económica" na que "todas las administraciones deben arrimar el hombro".
E finalmente, o terceiro e "más importante" dos puntos do pacto que propón o Partido Popular sería "el refuerzo con capital humano y económico de los servicios sociales".
Desde o PP entenden que "el concello tiene capacidad para ayudar" polo que reclaman que "tiene que implicarse más" polo que demandarán que se cre esta comisión específica que trate todos estes temas "no es momento para entrar en debates estériles. Nuestras propuestas van a ser en positivo".
"Ofrecemos este pacto al Concello sustentado en la lealtad institucional, que debe ser mutua y recíproca, fruto de una sincera voluntad de llegar a acuerdos por el bien de todos los pontevedreses. Trabajemos unidos por el bien de todos", concluíu Rafa Domínguez.
RESPOSTA DE LORES
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores aplaudiu a "positiva actitud constructiva da oposición" e coincidiu en que, especialmente nas actuais circunstancias "é mellor traballar estando de acordo todos".
Lores quixo puntualizar que no Goberno Local xa puxo en marcha ou está a traballar na maioría das propostas que agora fai o Partido Popular pero lembra que "a situación é absolutamente desconocida e cambiante".
Neste senso, Fernández Lores fixo especial fincapé en que "no Goberno do Concello de Pontevedra estamos traballando sistematicamente desde o primeiro día do estado de alarma", e lembrou que "a nosa posición global a respeito do traballo político das distintas Administracións é que ten que ser un traballo político a 'full time' pero con sensatez, prudencia e responsabilidade".
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez arranca a campaña para o 12X: "O PP é a única opción viable"
Por Redacción |
-
O PP solicita a creación dunha mesa de reconstrución social económica para Poio
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local califica de "demagoxia política" as exencións fiscais que reclama o PP
Por Oskar Viéitez |
-
Estudan fórmulas para celebrar o pleno de maio no Teatro Principal
Por Alejandro Espiño |