'Volvemos', o vídeo da plataforma #PonteLovers durante o confinamento para animar á recuperación da economía local
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
'Volvemos', con esta palabra a concellería de Promoción Económica e Turismo que dirixe Yoya Blanco, lanzou este venres un vídeo promocional ás redes sociais que se engloba na campaña da plataforma #PonteLovers co obxectivo de promover a actividade empresarial na cidade.
Desde o Concello indícase que a partir deste sábado 2 de maio, a cidade volverá ter actividade e que, a pesar da distancia social que hai que manter, a xente volverá sorrir, a interactuar e a convivir nos distintos espazos. O vídeo ofrece imaxes de Pontevedra durante o confinamento con rúas e prazas baleiras. A intención é que, a partir destes días, se vaia reactivando a vida económica.
Esta plataforma que impulsa a concellería de Promoción Económica traballa na recuperación das pequenas e medianas empresas locais, ademais do comercio e a hostalería de proximidade.
Durante estes días puxéronse en marcha seis mesas sectoriais para recoller as demandas dos negocios e buscar fórmulas para axudar a que se recuperen os negocios. Nestas mesas de traballo recóllense ideas dos profesionais para realizar unha análise sobre a situación para traballar en solucións que impulsen o comercio de proximidade despois destas semanas de confinamento.
Spot poblicitario "Volvemos" de #PonteLovers
Vídeo de Pontevedra durante o confinamento, realizado pola concellería de Promoción Económica para fomentar a reactivación do comercio local
© Concello de Pontevedra