PP, PSOE y BNG de Cerdedo-Cotobade apoian as obras de Baños do San Xusto tras a denuncia de Andrés Díaz

Por Redacción
Continúa a tensión entre o goberno de Cerdedo-Cotobade e o de Ponte Caldelas en relación coa rehabilitación integral prevista en Baños do San Xusto. Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, denunciou o convenio e Jorge Cubela, rexedor de Cerdedo-Cotobade, anunciaba este venres que conta co apoio unánime dos tres grupos que forman a corporación municipal: PP, PSOE e BNG.
Cubela pide en nome da corporación a Andrés Díaz que abandone o boicot desta obra. Ernesto Filgueira, portavoz do BNG sumouse á proposta do comunicado realizado polo executivo local en defensa da obra e reclama ao alcalde caldelán que cese nos seus intentos para tentar que a obra se bote atrás.
Tamén o PSOE local, partido ao que pertence Andrés Díaz, sumouse ao respaldo do goberno de Cerdedo-Cotobade ao sinalar a necesidade destas obras de rehabilitación de Baños do San Xusto. Os socialistas non se sumaron, en cambio, ao comunicado realizado polo equipo de Jorge Cubela, pero emitiron un propio en similares termos pero con matices.
Desta forma, manifestan o seu apoio á obra pero amosan tamén a súa preocupación polo recente informe do Defensor do Pobo, a instancias dunha queixa formulada polo Concello de Ponte Caldelas, no que se declara nulo de pleno dereito o convenio asinado entre o alcalde cotobadés e a Xunta de Galicia para esta reforma. Ademais, reclaman transparencia na execución do proxecto e renuncian a "calquera tipo de enfrontamento persoal ou territorial a propósito desta cuestión dentro do marco institucional, e asumimos que cada Concello ten o dereito a defender os seus intereses".
O máximo representante de Cerdedo-Cotobade asegura que os alcaldes da Lama e de Campo Lameiro, Jorge Canda e Carlos Costa, mostran o seu apoio ao convenio coa Xunta para que se execute esta obra. A administración autonómica achegará 680.000 euros para crear pozas de uso público e estes representantes municipais entenden que será un proxecto favorable para toda a contorna da zona interior da comarca de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade pide a Cubela que aclare como reformará os Baños de San Xusto se perde a subvención
Por Redacción |
-
Jorge Cubela defende que o Defensor do Pobo non pode admitir denuncias de administracións públicas
Por Redacción |
-
Primeira acción reivindicativa en Cerdedo-Cotobade para defender a rehabilitación dos Baños de San Xusto
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas entra de cheo na polémica pola súa queixa contra os Baños de San Xusto
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Jorge Cubela acusa a Andrés Díaz de "persoa destrutiva" por denunciar as obras dos Baños de San Xusto
Por Redacción |
-
Jorge Cubela arremete contra cargos do PSOE por "tentar paralizar" a rehabilitación dos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
Comezan as obras que converterán os Baños do San Xusto en balneario con pozas públicas
Por Redacción |
-
A rehabilitación integral dos Baños do San Xusto será unha realidade en 2020
Por Redacción |