Trèves retoma a actividade para fornecer pezas a Volkswagen en Portugal
Por Oskar Viéitez
A fábrica de Trèves no polígono pontevedrés do Campiño regresou ao traballo este luns despois de ter que parar diante dos problemas xurdidos na subministración de material procedente de China ao comezo da pandemia da Covid-19.
A actividade retómase en quendas de 40 persoas, o persoal completo é de 150 traballadores fixos.
Durante esta primeira semana recibirán formación en seguridade laboral para adaptarse aos novos protocolos activados con motivo da crise sanitaria, fundamentalmente, o uso de medidas de protección persoal e o establecemento de distancias de seguridade.
Trèves é unha empresa auxiliar do sector da automoción que traballa fundamentalmente para a planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo que reiniciará a súa actividade o próximo 11 de maio. Pendentes da factoría de Balaídos tamén están na nave de Gonvarri no Porto de Marín onde 65 traballadores ocúpanse de cortar bobinas de aceiro laminado para PSA.
Mentres tanto, a factoría de Trèves no Campiño ocúpase de fabricar insonorizadores para o modelo T- Roc da fábrica de Volkswagen na localidade portuguesa en Palmela, moi próxima ao porto de Setúbal, ao sur de Lisboa.
Con todo a principal empresa auxiliar do sector da automoción na comarca, con 350 persoas no cadro de persoal, é Aludec que fabrica compoñentes decorativos para o automóbil nos seus cinco centros de traballo repartidos nos polígonos do Campiño e A Reigosa, en Ponte Caldelas.
Aludec retomou parte da súa actividade o pasado luns 20 de abril e foi axustando a súa produción progresivamente.
Relacionadas:
-
Trèves propón reducir un 30% de empregos fixos na negociación do novo convenio
Por Anxo Lourido |
-
A industria transformadora do Porto é a que máis sofre o impacto da crise sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Así foi o reparto de máscaras entre os usuarios de autobuses, trens e taxis
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Que poden facer a hostalería e a restauración na fase 0?
Por Almu Dapena |
-
Atención individual, desinfección dúas veces ao día e horario preferente para maiores de 65: así abrirán os locais este luns
Por Natalia Puga |
-
'Reinicia o teu negocio', o plan de #PonteLovers e a Asociación de Autónomos para asesorar ao comercio local
Por Redacción |