A xerencia dos hospitais considera que a protección ante a COVID-19 do persoal sanitario foi "razoable"
Por Redacción
A xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés volveu a emitir un comunicado opoñéndose ao que consideran unha "campaña de intento de desprestixio á xestión efectuada contra o coronavirus" por parte dos sindicatos sanitarios.
Segundo expón a dirección de José Ramón Gómez, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) avala a cobertura das probas Covid que se realizaron nos hospitais de Pontevedra e O Salnés, que son a PCR e os test de anticorpos de dobre banda.
Desde o Sergas indícan que os sindicatos ao ofrecer os seus datos están a referirse só a traballadores que utilizaron máscaras distribuídas polo Ministerio de Sanidade, que non incumprían os requirimentos técnicos. E desde a xerencia sinalan que a 209 deses traballadores superaron unha PCR posterior dando negativo.
O comunicado indica que dentro da área sanitaria se lles fixo algún test a 2.381 traballadores, o 60,2% do persoal sanitario: 387 de Atención Primaria, 338 no Hospital do Salnés e 1.656 do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. De todos eles, o resultado foi de 114 positivos, o 2,9% do persoal, entre os que destaca que un 21,9 %deles son facultativos e un 26,3% persoal de enfermería.
A xerencia afirma que "é rotundamente falso que uno de cada 10 traballadores infectásense nesta área sanitaria". E asegura que a protección que se lle brindou aos traballadores foi "razoable", coa achega entre marzo e abril dunha media diaria de 5.545 máscaras cirúrxicas, 475 de tipo FFP2/ FFP3, 60.000 luvas, 1.180 batas impermeables e 70 lentes protectoras.
Por último, os máximos responsables da área sanitaria afirman que co esforzo do equipo acadaron uns resultados asistenciais moi destacados en Galicia, contendo o impacto do coronavirus co menor número de falecidos de toda a comunidade autónoma. Tamén presume de ser a primeira área sanitaria galega sen pacientes Covid positivos en coidados críticos.
Mantén, ademais, que non se teñen pacientes Covid positivos en coidados críticos, avalado pola Dirección Asistencial e pola xefatura de sección do servizo de Anestesiología e Reanimación. Acusa os representantes sindicais de "volver mentir, ocultando a realidade, posto que os pacientes en coidados críticos xa se negativizaran" e, por tanto, segundo a xerencia, xa non eran pacientes Covid positivo.
Relacionadas:
-
176 traballadores da área sanitaria deron positivo en coronavirus desde o inicio da pandemia
Por Redacción |
-
142 traballadores da área sanitaria infectáronse pola COVID-19
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas proxecta retomar a normalidade da Atención Primaria "a medio prazo"
Por Redacción |
-
"Somos a área sanitaria con menor número de falecidos de Galicia", destaca o xerente de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Persoal sanitario do CHUP denuncia a identificación de 1.640 máscaras de protección defectuosas
Por Anxo Lourido |
-
Balance do coronavirus na área sanitaria: dez pacientes curados e cinco casos activos máis nun día
Por Natalia Puga |
-
A Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo, baleira de pacientes positivos por coronavirus
Por Diego Espiño |
-
Proxectan unha manifestación sindical en maio para demandar medidas de seguridade para o persoal sanitario
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |