O PP anuncia "un auténtico 'artigo 155' do Estado sobre Poio"
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular vén de facer público que o Ministerio de Facenda intervirá o orzamento do Concello de Poio tras os "graves incumprimentos do equipo de goberno na regra de gasto, na estabilidade orzamentaria e por non executar tal e como ordenou o Ministerio o anterior Plan Económico Financeiro".
Os populares aseguran que "o novo Plan Económico 2020-2021 que o ministerio lle obriga elaborar e aprobar a Poio é unha intervención total da nosa autonomía económica e todo polos incumprimentos dos tres partidos que forman o goberno de Poio".
O concelleiro do PP, Sergio Pereira, lamentou que "os tres partidos que forman o goberno en Poio abocaron ao noso concello a ser intervido polo ministerio" recordando que "é vergoñento ver como cada ano, cando presentan os orzamentos, tanto o alcalde Sobral como o concelleiro de Facenda aínda alardean de que van seguir incumprindo a regra de gasto e a estabilidade orzamentaria, agora vemos as consecuencias destas irresponsabilidades".
"É un auténtico 'artigo 155' do Estado sobre Poio", dixo Pereira.
Relacionadas:
-
O Partido Popular alerta de que o Concello de Poio "está en risco de fusionarse" con outro municipio
Por Redacción |
-
O goberno local de Poio nega que Facenda teña intervido o orzamento e defende a estabilidade económica
Por Redacción |
-
Os populares alertan da situación "moi perigosa" do Concello de Poio polo incumprimento do Plan financeiro
Por Oskar Viéitez |