Reabren o santuario da Peregrina sen oficios relixiosos e con aforamento limitado
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A fase 1 da desescalada servirá tamén para que igrexas e centros relixiosos poidan retomar certa actividade. Así será, entre outros, o caso do santuario da Peregrina, que reabrirá as súas portas este luns 11 de maio.
Iso si, será con condicións. Haberá un horario determinado e con drásticas medidas de seguridade e de coidado sanitario.
Por agora, o santuario da Peregrina non celebrará ningún tipo de oficio relixioso.
O templo abrirá de 9.30 a 13.00 horas polas mañás e de 18.00 a 20.00 horas polas tardes.
O acceso estará limitado a un máximo de 20 persoas que deberán usar máscara protectora e luvas, así como permanecer todo o tempo nos asentos habilitados.
En ningún caso poderán sentar máis dunha persoa por banco, salvo aquelas que acompañen a persoas con algunha dificultade ou discapacidade.
Non estará permitirá tampouco a reunión de persoas dentro do santuario nin no adro e todos os asistentes deberán gardar unha distancia mínima de dous metros entre elas.