A Xunta advirte a Ponte Caldelas que os arcos desinfectantes que instalou requiren un permiso que non solicitou
Por Redacción
A Xunta de Galicia elaborou un informe en relación cos arcos de desinfección instalados esta semana polo Concello de Ponte Caldelas no acceso á localidade e conclúe que a instalación deses elementos requiría a solicitude dunha autorización que non foi tramitada e, polo tanto, que non ten.
Desta maneira, os arcos están instalados sen autorización e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, advertiu ao Concello será "o único responsable" en caso dun posible accidente de tráfico neses puntos das estradas PO-532 e PO-255.
Segundo explicou Cores Tourís, antes de que executara a obra, a Xunta xa informou ao alcalde da localidade, Andrés Díaz, de que debía solicitar o permiso pertinente, "cousa que non fixo".
O informe elaborado polo Servizo de Infraestruturas da Xunta en Pontevedra foi remitido este venres ao Concello e, segundo informa o goberno galego, evidenciada a necesidade previa de presentar unha solicitude ante a administración responsable da vía antes de la colocación destas instalación. Nesta caso, esa administración é a Xunta.
O informe inclúe a petición ao Concello de que presente a solicitude pertinente de autorización nun prazo de sete días. O documento debe incluír unha memoria explicativa das instalacións provisionais, un plano de planta de ambas instalacións, os planos das dimensións dos pórticos, unha memoria de cálculo da estrutura e un plano de sinalización.
Debe aportar a definición dos dispositivos de protección dos elementos verticais da estrutura situados na calzada, dado que os pórticos están situados nos carrís de saída de glorietas, e un plano no que se xustifique que o radio de xiro dos vehículos ríxidos non afectan aos elementos verticais dos pórticos. Tamén ten que informar á Xunta da formulación do produto desinfectante utilizado con informe de non afección a usuarios da estrada.
No informe detállaselle que dado que a instalación dos dous arcos desinfectantes se fixo sen a preceptiva autorización desta administración, "calquera reclamación/accidente derivada do funcionamento das mesmos será responsabilidade do Concello de Ponte Caldelas".
A Lei de Estradas de Galicia establece que a execución de obras e instalacións ou a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público da estrada ou nas zonas de protección está suxeita ao deber de dotar a correspondente autorización previa, salvo que expresamente sexa permitida por esta lei ou polo seu regulamento.
Polo tanto, a competencia para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público da estrada ou nas súas zonas de protección correspondente á administración titular da estrada, neste caso, a Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas instala en Chan da Barcia un dos arcos desinfectantes retirados
Por Redacción |
-
Dan tres días de prazo para que o Concello de Ponte Caldelas retire os arcos desinfectantes instalados en dúas estradas da Xunta
Por Redacción |
-
Obras de mellora da PO-225 ao seu paso polo centro de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Segundo arco desinfectante para vehículos en Ponte Caldelas, malia o aviso da Xunta de que carecen de autorización
Por Redacción |
-
Instalan arcos para desinfectar os vehículos antes de entrar no centro de Ponte Caldelas
Por Redacción |