Os isleños regresan a Ons
Por Oskar Viéitez
A Consellería Medio Ambiente autorizou desde este sábado á navieira Nabia a fretar un barco á illa de Ons. Por agora as viaxes están reservadas só para os veciños xa que a fase 1 da desescalada permite ir a segundas residencias dentro da mesma provincia.
Sen apenas marxe para coñecer unha decisión que se anunciou o venres, só foron unha trintena de isleños os primeiros en regresar ás súas vivendas en Ons, os visitantes aínda deberán esperar, polo menos ata mediados de xuño.
Deste xeito, Cesáreo e Victoria que pasaron todo o confinamento na illa puideron ver ás súas fillas Pepi e Zulema Pérez e ás súas bisnetas Martina e Carmen.
A maioría dos isleños aproveitaron a viaxe para facer limpeza dos seus domicilios e preparar as hortas.
Relacionadas:
-
O cámping de Ons inicia a campaña de verán con todas as fins de semana cheas ata mediados de agosto
Por Manu Otero |
-
Esixen á Xunta que garanta aos veciños de Ons o acceso sen restricións ás súas vivendas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Veciños de Ons, molestos coa Xunta polos cupos para acceder á illa, encérranse no Concello de Bueu
Por Redacción |
-
Propoñen estender a tempada alta de visitas ás Illas Atlánticas ata o 15 de outubro
Por Redacción |
-
Confinados en Ons: "Cando levas illado toda a túa vida xa te afás. O noso é unha corentena constante"
Por Alejandro Espiño |