A reciclaxe crece un 33 % en Caldas durante o 2019
Por Redacción
O Concello de Caldas presentou os datos da campaña de recliclaje do 2019 no que incrementou nun 33 % a recollida de vidro, cartóns, envases e pilas. Esta última, cunha subida do 36,3 %, foi a que experimentou unha maior subida ata alcanzar os 545 quilos.
O vidro, pola súa banda, alcanzou as 157,5 toneladas, o que supón un aumento do 34,3 % con respecto ao ano 2018. O volume total de residuos acumulados nos contedores amarelos subiu un 32,2 % para superar as 165 toneladas.
Doutra banda, a compostaxe tamén arroxa cifras satisfactorias no municipio de Caldas de Reis. O Concello está adherido ao Plan Revitaliza da Deputación desde o ano 2016. Ademais, en febreiro puxo en marcha o servizo de compostaxe individual coa o entrega de 35 composteiros aos seus veciños. Un modelo que está a contribuír a reducir a cantidade de residuos sólidos que envían a Sogama.
Relacionadas:
-
Enfado en Caldas pola implantación do contedor marrón que establece Sogama
Por Redacción |
-
As cifras de reciclaxe e recollida selectiva de residuos en Caldas non deixan de crecer
Por Redacción |
-
Sogama reciclou máis de 65.000 quilos de residuos sanitarios durante o Estado de Alarma
Por Redacción |
-
Zafarrancho de limpeza e desinfección de colectores en Caldas
Por Redacción |
-
O Concello de Caldas mantén o reforzo de hixienización
Por |
-
Caldas de Reis obten un balance positivo na reciclaxe de plásticos dos últimos anos
Por Redacción |