O BNG rexeita no pleno as propostas de populares e socialistas para apoiar ao comercio local
Por Oskar Viéitez
No Pleno do Concello de Barro celebrado este venres os grupos municipais do Partido Popular e do Partido Socialista coincidiron nas súas mocións con propostas similares destinadas a potenciar ao sector hostaleiro e axudar aos autónomos locais.
O goberno do BNG rexeitou estas mocións e defendeu as ideas expostas nos últimos días aos representantes do sector que, entre outras cuestións, inciden na necesidade dunha asociación que aglutine a todos os empresarios locais.
O BNG negouse a crear unha mesa sectorial onde estivesen presentes os tres grupos políticos para deseñar un plan de rescate con liñas directas de axuda ao comercio e á hostalería.
O portavoz socialista José Sanmartín recoñeceu que "sabemos que as competencias neste ámbito son da Xunta pero entendemos que a situación é o suficientemente grave como para que en Barro póidanse poñer en práctica actuacións que xa están a levar a cabo outros concellos da provincia, como Vilagarcía, Silleda ou Ponte Caldelas", sinala o portavoz do grupo do PSdeG.
"A nós parécenos que desde o equipo de goberno non hai ningunha intención nin de escoitar aos grupos políticos nin, o que é máis grave, de achegar solucións efectivas que axuden a facer fronte á crise da covid no noso municipio", engadiu.
O pleno aprobou por maioría unha moción do PP sobre varias obras e servizos en San Amaro, Porráns e A Portela, a iniciativa contou co apoio do PSOE e a abstención do BNG.
Tamén se aprobou unha iniciativa do PSOE para levar a cabo campañas de promoción do comercio e a hostalería, que xa no anterior goberno bipartito puxéronse en marcha por primeira vez a iniciativa das concellerías socialistas.
No pleno deste venres, marcado polas distancias e as máscaras, tomou posesión da súa acta de concelleira do PP Emilio Martínez "Lucho", que recibiu a benvida de toda a corporación. Ao pleno acudiron un grupo de veciños de San Amaro pero, motivado polas restricións do estado de alarma, non pudeiron entrar na Casa do concello.