VÍDEO.- Tensión no Pleno de Sanxenxo pola privatización do Servizo de Axuda no Fogar
Por Oskar Viéitez
O Pleno de Sanxenxo deu luz verde este martes á proposta de cambio do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) a xestión indirecta cos dez votos a favor do Partido Popular.
Durante a sesión plenaria vivíronse momentos de tensión ao ser expulsado do Salón de Plenos o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa que tivo que ser conducido a forza por varios axentes da Policía Local.
Pedrosa e un grupo de traballadoras do SAF expresaron a súa oposición a esta modalidade de xestión que xa está a funcionar en 26 concellos da provincia como O Grove, Poio, Cambados, Vilagarcía, Meis e Pontevedra, entre outros. De feito, non existe en Galicia ningún concello de máis de 15.000 habitantes coa xestión directa deste servizo. Unha circunstancia na que a portavoz de goberno, María Deza, incidiu este martes durante a sesión plenaria convocada pola oposición e que se celebrou a continuación.
"Vostedes saben que os usuarios deste servizo están medrando día a tras día e que vos concellos están a apostar cada vez máis por un modelo de xestión indirecta con empresas especializadas", asegurou Deza.
O goberno local destacou que a súa proposta posibilitará a ampliación de atención ao dobre de familias que se atenden na actualidade, 61, cunha estimación de contratación de 52.727 horas, case o dobre das que se prestaron en 2019, 26.912 horas. Ademais, insistiron en que a nova modalidade do servizo permitirá deixar a cero a lista de agarda na que se atopan 45 persoas ao poder ampliar a ratio de atención a 120 familias.
O edil do Servizos Sociais, Daniel Arousa, incidiu en que "a titularidade e o control do SAF seguirá en mans do Concello como non pode ser doutra maneira. Tanto a coordinadora como eu estaremos pendentes os 365 días ao ano de que a concesionaria preste un servizo de calidade".
Na mesma liña, apuntou que "estamos moi orgullosos de chegar ata aquí sendo capaces de atender a 60 familias, pero chega un momento no que xa non temos a capacidade para facelo". Arousa fixo referencia a diversos informes, mesmo uno da Xunta que xa en 2017 alertaba de graves deficiencias no servizo que se atopou a anterior concelleira, Silvia Freire, cando chegou ao departamento de Servizos Sociais.
Ademais, o goberno local subliñou que a xestión indirecta conta en Sanxenxo con "numerosos antecedentes en distintos servizos que lograron uns bos resultados tanto en eficacia como en eficiencia" e citaron os casos de Espiña e Delfín, Urbaser, Ascan ou as garderías do Tombo e o Revel. Neste punto, a portavoz do goberno lembrou a adxudicación da xestión das dúas garderías a unha empresa por 4 anos e un importe de 1,9 millóns. "Vostedes tiveron a oportunidade de recuperar a xestión directa dás garderías, pero prefiriron adxudicarlla a unha empresa cando estiveron gobernando", sinalou.
O alcalde, Telmo Martín, dixo no peche da sesión que o obxectivo deste cambio de modelo na xestión " é que os veciños estean atendidos da mellor maneira posible".
Relacionadas:
-
O PSOE pide responsabilidades en Sanxenxo pola "mala xestión" da contratación de persoal"
Por Oskar Viéitez |
-
Identifican a dirixentes de CC.OO pegando carteis en espazos públicos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
"Telmo Martín en estado puro é algo así como a prolongación de Trump aquí en Galicia"
Por Oskar Viéitez |
-
A oposición solicita un pleno extraordinaria ante as pretensións de Telmo Martín de privatizar o Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
Recollida de sinaturas e protestas no pleno, primeiras medidas sindicais contra a privatización do Servizo de Axuda no Fogar
Por Anxo Lourido |