O Concello de Caldas retoma as negociacións para a compra de terreos que permitan ampliar o instituto
Por Redacción
O Concello de Caldas retoma as negociacións cos propietarios dos terreos lindeiros ao instituto Aquis Celenis para poder levar a cabo a ampliación do centro educativo e aumentar a súa oferta educativa con ciclos de formación profesional.
O alcalde, Juan Manuel Rey, explicou que de forma paralela negocian coa consellería de Educación a redacción do proxecto para axilizar ao máximo a tramitación das obras.
A oferta está agora pendente dunha valoración externa, pero o rexedor espera alcanzar un acordo nas próximas semanas cos donos das leiras.
"É fundamental para ampliar a oferta educativa pública no municipio e dar resposta a unha vella demanda da comunidade educativa", xustificou Rey, decidido a poñer ofrecer ao alumnado "que acabe o ensino secundario unha alternativa formativa máis aló do bacharelato".