Solicitan ao Concello de Pontevedra a creación dun auto-cine nalgún dos aparcadoiros disuasorios
Por Redacción
Ciudadanos Pontevedra solicita ao Concello que estude e busque opcións para habilitar un espazo público para que durante a tempada estival se monte un auto-cinema nun aparcadoiro disuasorio.
A agrupación laranxa propón como opcións o aparcamento disuasorio da Rúa Alexandre Bóveda, con 155 prazas; o aparcamento de Mollavao con 185 estacionamentos ou o situado nos terreos que ocupaba a fábrica de Tafisa, onde hai 350 prazas.
Con esta iniciativa, Ciudadanos quere que o público poida gozar de propostas como o ciclo de cinema 'Cinema na Lúa' das Festas de Verán nun espazo no que se poidan manter as distancias de seguridade vendo as proxeccións desde os vehículos. Esta proposta, segundo sinala a agrupación política, serviría para acoller outras actividades culturais como as que realiza a asociación CineClube Pontevedra.
Ciudadanos Pontevedra entende que, con esta idea, a experiencia cinematográfica é máis segura e eficiente ao poder gardarse as distancias sanitarias e adoptarse as medidas de seguridade.