Unha persoa ferida nun accidente de tráfico en Ribadumia
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na noite deste sábado en Sisán, en Ribadumia.
Trátase dunha persoa que responde as iniciais N. B. P., de 28 anos, e presentaba feridas na cara e dor dorsal e lumbar.
Foi evacuada ao hospital do Salnés nunha ambulancia do 061.
Ao lugar do suceso acudiron efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, Protección Civil de Ribadumia, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061.