Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico en Dena
Por Redacción
Dúas persoas resultaban feridas nun accidente de circulación que se rexistraba na tarde deste luns na estrada PO-550 en Dena, no municipio de Meaño.
O accidente producíase por unha colisión por alcance entre un turismo e unha furgoneta. A condutora do coche, de 30 anos, sufría dor cervical e lumbrar; mentres que o condutor da furgoneta, un home de 22 anos, tamén se queixaba de dor cervical e dorsal, segundo indican os servizos de Emerxencias de Cambados.
Os dous foron trasladados por unha ambulancia ao Hospital do Salnés. Ata o lugar desprazábanse axentes da Policía Local de Meaño.