Ponte Caldelas mellora os accesos ao lugar da Insua e a unha vivenda á que non se podía chegar en coche
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas está a facer traballos de mantemento nas beirarrúas do lugar de A Insua que mellorarán os accesos á zona e, en especial, a unha vivenda á que non se podía chegar en coche.
Segundo a información facilitada polo Concello, a beirarrúa presentaba losetas rotas e/ou movidas que dificultaban o camiñar dos peóns e tamén o acceso rodado ás vivendas, polo que se procedeu ao reemplazo de todas as losetas que se atopan rotas e ao nivelado de todas as que se atopaban movidas.
Ademais, dotouse de acceso a unha vivenda que acaba de ser mercada e que non dispoñía de entrada rodada. Para iso houbo que refacer a beirarrúa nese punto dotándoa da correspondente caída.