Poucas camas pero moito humor motorizado por Cuntis adiante
Por Diego Torrado
Tres camas motorizadas participaron na edición deste ano da singular carreira que se desenvolve polo centro de Cuntis. Non obstante, numeroso público deuse cita neste evento que forma parte das festas patronais e que volveu provocar risas e diversión entre os asistentes que comprobaron como rodaban a Cama Civil de Tráfico, Bob Esponja e a Zapatilla Tola.
Esta tarde de sábado, o grupo folk Hai que roelo amenizará as festas e mañá, as festas continúan con sesión de contacontos e concerto do grupo Estofados en Salsa.