Rueda critica a "indiferenza de PSOE e BNG" ante as dificultades do voto exterior
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra celebrou unha reunión do seu comité provincial para valorar os resultados electorais do pasado 12 de xullo.
Tras o encontro Alfonso Rueda, presidente provincial da formación, criticou a "indiferenza de PSOE e BNG ante o feito de que miles de galegos e galegas non puidesen exercer o seu dereito a voto", sinalou con respecto ao voto emigrante e aos problemas rexistrados en países como Venezuela, Cuba ou Arxentina onde moitas papeletas non chegaron a tempo.
De feito Rueda insistiu en que o Ministerio de Asuntos Exteriores e Correos deben garantir que os votos de quen exerceron o seu dereito, máis de 5.000 persoas, cheguen a tempo.
De todos os xeitos, á espera do reconto do voto exterior que se fará o luns e que determinará si finalmente o PP alcanza un undécimo deputado en Pontevedra en detrimento do Partido Socialista, Rueda mostrouse satisfeito polos resultados que outorgaron a cuarta maioría absoluta consecutiva ao PP.
O dirixente popular destacou ademais que a súa formación foi a máis votada en 57 dos 61 municipios da provincia, entre eles as tres cidades e tamén no resto de concellos de máis de 20 mil habitantes.
Relacionadas:
-
O voto emigrante apoia ao PP e permítelle recuperar o seu 11 deputado por Pontevedra
Por Marisa Ciordia & Natalia Puga |
-
PP e PSOE miran á diáspora: o reconto do voto emigrante pode decidir un deputado
Por Natalia Puga |
-
O PSOE presume de resultados "más que aceptables" o 12X na provincia, pero chama á "reflexión profunda" a nivel Galicia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PP amósase exultante ao vencer en 103 das 106 das mesas electorais do municipio
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Bará ve no resultado do BNG a constatación dun "cambio de ciclo político" e en Ana Pontón "a líder do futuro deste país"
Por Natalia Puga |
-
Vitoria do PP na cidade de Pontevedra cun BNG que case duplica os seus votos
Por Alejandro Espiño |
-
O PP gaña en 57 concellos, o BNG no Grove e Soutomaior e o PSOE na Illa e Fornelos
Por Alejandro Espiño |
-
Un deputado en Pontevedra, en liza entre PP e PSOE polo voto emigrante
Por Alejandro Espiño |