A Casa de Don Fernando abre as súas portas para atender temas deportivos e de xuventude en Sanxenxo
Por Redacción
A concellería de Deportes e Xuventude de Sanxenxo conta con nova sede, a Casa de Don Fernando. Desde este luns 3 de agosto, as instalacións se ecuentran abertas ao público entre as 09.00 e as 14.00 horas.
Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, e o concelleiro Daniel Arousa visitaban as dependencias onde xa se desenvolven talleres coa presenza de 32 mozos do municipio con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, que realizan actividades relacionadas coa fotografía, gamers e xogos de cooperación. Os participantes, que con motivo da crise sanitaria víronse reducidos á metade respecto ao 2019, realizan actividades tanto no interior como nos xardíns das instalacións.
O investimento nas obras de reforma ascenden a 146.815 euros e o edificio adaptouse para permitir a accesibilidade universal. Con esta redistribución dos departamentos municipais, Telmo Martín sinalou que a intención é descentralizar as oficinas do Concello e achegar os servizos á cidadanía. Os servizos sociais, que tamén forman parte desta concellería de Deportes e Xuventude, permanecerán nas oficinas situadas na entrada de Portonovo.
A Casa de Don Fernando construíuse en 1900 e dispón dunha leira xardín de 800 metros cadrados de extensión, que será adaptada para que acolla concertos e espectáculos. Durante este verán, xa é o escenario onde se desenvolven as actividades da programación cultural en Portonovo co ciclo de Cinema na Rúa e diversos concertos musicais.
Relacionadas:
-
O servizo de emprego trasládase á Casa Mariñeira de Don Fernando
Por Redacción |
-
Sanxenxo aproba un protocolo para reabrir con seguridade as casas de cultura
Por Redacción |
-
Música, maxia, humor e cinema enchen de actividade a programación cultural de Sanxenxo durante o verán
Por Redacción |
-
As obras da Casa de Don Fernando avanzan a bo ritmo
Por Redacción |