A vendima dará traballo a 2.000 temporeiros en Rías Baixas
Por Oskar Viéitez
As grandes adegas preparan xa as contratacións de temporais para a campaña da uva.
A crise incrementou as inscricións multiplicando o número de demandantes e cambiando o tradicional perfil dos inscritos, antes dirixido a mulleres e estudantes, e agora copado por desempregados de todos os sectores profesionais, maioritariamente da construción.
No Salnés, boa parte das adegas da subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas, asumen a selección de persoal.
Dende a empresa Solempleo, que se ocupa deste tipo de campañas, detallan que a oferta é para vendimadores con experiencia, é dicir, seleccionan peóns de vendima sendo imprescindible que conten con "polo menos un ano de experiencia" vendimando en adegas, "e ter residencia na zona do Salnés".
Ademais o temporeiro deberá ter dispoñibilidade horaria de mañá e tarde de luns a domingo. Estes son todos os requisitos, pois son necesarios estudos mínimos.
A incorporación ao posto de traballo será a mediados do mes de setembro 2013. Ofrécese contrato por Obra e Servizo, con alta en Seguridade Social por Réxime Agrario.
O salario é de 900 euros brutos ao mes
O tipo de contrato é de duración determinada, para unha xornada laboral completa con horario de 8:30 a 13:30 e de 14:30 a 18:30 horas.
O salario é de 900 euros brutos ao mes.
Segundo fontes do sector, sindicatos agrarios e bodegueiros, estímase que para esta vendima se contratarán uns 2.000 temporeiros. A esta cifra hai que sumar os viticultores inscritos, que o pasado ano foron 6.714 viticultores e 180 adegas segundo datos ofrecidos polo Conselo regulador desta Denominación de Orixe.
Estas mesmas fontes estiman que poderían ser unhas 20.000 persoas as que participen na vendima de Rías Baixas.
Relacionadas:
-
Comeza unha vendima que se prevé "abundante e de boa calidade" na D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
O Consello Regulador de Rías Baixas anticipa unha colleita "de equilibrio donde todos estaremos felices y contentos"
Por Oskar Viéitez |
-
17 millones de quilos de uva converten a vendima 2012 en "escasa" en cantidade y "excelente" en calidade
Por Redacción |