O PP comparte o enfado veciñal polas obras de saneamento en Santo André de Xeve

Por Oskar Viéitez
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, reuniuse con preto dunha trintena de veciños de Santo André de Xeve, que lle comunicaron que non se poderán conectar á rede de saneamento e que vense obrigados a correr cos gastos da instalación de bombas para evacuar as augas negras dos seus domicilios.
As súas casas atópanse por baixo do nivel da rede xeral e a unha distancia superior a 50 metros, o que obriga ao bombeo.
Rafa Domínguez urxiu ao Concello unha rede de saneamento "digna e accesible" que abarque a totalidade do rural pontevedrés.
Segundo o portavoz do grupo municipal do PP, "non podemos permitir que centos de casas queden fose do proxecto de saneamento e que o Concello o único que faga é remitir cartas aos veciños con orzamentos de 5.000 euros para conectarse á rede".
Domínguez pediu que se atendan as necesidades veciñais, ao valorar que "é inxusto que debido a un proxecto ineficiente sexan eles os que teñan que pagar o conectarse á rede de sumidoiros e sexan obrigados a bombear".
"Compartimos cos veciños o enfado, e vemos inxusto que sexan eles os que teñan que sufragar os gastos de conectarse á rede de sumidoiros", detallou Domínguez.
Afirma o portavoz popular que o Concello o único que está a facer é remitir cartas aos veciños con orzamentos para que se conecten á rede. "No mesmo documento, a empresa xa alerta da multa á que se enfrontan os veciños, ata 10.000 euros, se non realizan a obra orzada por eles mesmos", argumentou Domínguez.
"Todos os proxectos que presente a concesionaria deben ser supervisados por técnicos municipais e o Concello debe esixir correccións e abandonar o inmobilismo no que está instalado", rematou Domínguez.
Relacionadas:
-
Os populares estudarán "con detalle" os problemas de saneamento do rural
Por Redacción |
-
1,6 millóns de euros para dotar de saneamento a 43 vivendas da parroquia de Alba
Por Oskar Viéitez |
-
Ciudadanos denuncia "deficiencias" na instalación do saneamento en Xeve
Por Redacción |
-
Impulsan obras en todas as parroquias do rural a partir da semana que vén
Por Alejandro Espiño |
-
O despregamento do saneamento rural continuará por San Andrés de Xeve
Por Alejandro Espiño |
-
O PP critica que algunhas casas do rural quedan fóra do proxecto de saneamento de Viaqua
Por Oskar Viéitez |