Tres positivos máis e dúas altas de pacientes con coronavirus nas últimas 24 horas
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sumou na última xornada tres novos positivos por coronavirus. Así, a pesar de que se produciron dúas altas de pacientes, o número total de casos activos ascende a 45, un máis que o luns.
Segundo o balance oficial realizado polo Servizo Galego de Saúde, deses 45 casos activos, 44 evolucionan no seu domicilio e o outro está hospitalizado.
Trátase dun paciente que permanece hospitalizado en planta do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. No Hospital do Salnés e QuirónSalud Miguel Domínguez non hayy ningun paciente con Covid-19 e tampouco na área de coidados críticos.
Desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19, curáronse 929 pacientes, dous nas últimas 24 horas, e faleceron por este virus na área sanitaria 16 pacientes.
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 740, 70 máis que os 670 que se rexistraban o luns. Deles, a gran maioría, 406 casos, son da área da Coruña. Ademais, hai 80 da de Lugo, 49 da de Ourense, 45 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 41 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 707 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.454 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 266.893 e dos 740 casos activos tres son usuarios e dous profesionais vinculados a centros residenciais. Dos 621 falecementos rexistrados desde o inicio da pandemia, 132 están en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.
Relacionadas:
-
A Xunta prohibe fumar en rúas e terrazas se non hai distancia de dous metros entre as persoas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Pontevedra, única área sanitaria de Galicia sen aumento de positivos na última xornada
Por Natalia Puga |
-
O gromo de coronavirus de Caldas, contido e sen novos positivos desde o xoves
Por Natalia Puga |