O composteiro do Sequelo entra en fase de repouso e habilítase un segundo caixón
Por Redacción
A liña de compostaxe do Sequelo, en Marín, que forma parte do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, vén de completar unha primeira fase.
Debido á implicación dos veciños, a primeira cabeza do composteiro do Sequelo quedou cuberta e permanecerá pechada debido ao repouso de entre 15 e 20 días que necesita para a fermentación e continuar coa súa actividade. Para poder seguir co proceso de compostaxe na zona, habilitouse a cabeza B1 do composteiro do Sequelo.
Actualmente os dous composteiros que hai na vila, tanto o situado no Sequelo como o da Cañota, están funcionando a pleno rendemento e dende o Concello de Marín quérese destacar a boa acollida que está a ter esta iniciativa na veciñanza.
En canto ao composteiro da Cañota, este xa se atopa coa primeira das cabezas abertas y llena a un 80% da súa capacidade.
O Goberno local aproveitou o anuncio do bo funcionamento dos composteiros para lembrar as normas de uso destes contedores, que consisten en "cubrir totalmente co estruturante as achegas que se boten, incidindo que nestes lugares unicamente se poden depositar residuos orgánicos, nunca plásticos, e que ás ramaxes que se depositen deben estar partidas antes de botalas", informan fontes municipais.
Se algunha persoa desexa colaborar no proceso de compostaxe, quere anotarse para recibir o compost cando este estea listo ou ten algunha dúbida sobre o proceso, pode chamar ao teléfono: 637 76 21 83, en días laborais entre as 7:00 a 15:00 horas.