VÍDEO.- Espectacular, e simulado, rescate en Marín do helicóptero de Salvamento Marítimo
Por Diego Espiño
Sábado do mes de agosto, bo tempo e as praias a rebordar. Todo segundo calquera guión, ata que os bañistas que gozaban nos areais de Marín da asollada xornada sorprendéronse cun espectacular rescate por aire do helicóptero de Salvamento Marítimo.
Só os máis detallistas ou próximos á escena repararon no que en realidade acontecía.
Tratábase dunha manobra de adestramento do servizo de Salvamento Marítimo, co seu helicóptero Helimer 213 con base en Santiago de Compostela.
Tras realizar un simulacro programado na ría de Vigo, no que tamén participou unha embarcación, os profesionais do servizo de emerxencia deixáronse caer polas inmediacións das praias de San Clemente e O Santo, para practicar coa cesta de rescate nunha zona pedregosa, descolgando e volvendo subir un maniquí.
Unha escena en grao sumo realista que moitos usuarios das praias rexistraron cos seus teléfonos móbiles e que non deixou indiferente a ninguén.