Critican a falta de resposta municipal ante o incremento de residuos nos contenedores do lixo
Por Redacción
O PSdeG-PSOE de Cerdedo-Cotobade levaba en xullo a pleno a preocupación polo incremento de residuos nos contedores de lixo. Sinalaban que sobordaban. Entón o alcalde Jorge Cubela prometeu un reforzo do servizo con máis persoal a través do Plan Concellos da Deputación.
Semanas despois, a agrupación socialistas segue a denunciar que o lixo sae polos contedores e non se reforza a recollida. Esta situación, segundo afirman, provoca que restos de alimentos atópense polas rúas e que sexan presa dos animais.
Sinalan que tanto os contedores verdes como os amarelos botan por fóra. As tapas atópanse levantadas e o lixo acumúlase no interior sen posibilidade de que se pechen.
Lina Garrido, portavoz socialista, alerta sobre o incremento de lixo que se está detectando este verán e piden ao goberno local unha solución para evitar a situación insalubre á que se enfronta a veciñanza.
Sinala que a extensión xeográfica do Concello tras a fusión provoca que haxa máis demanda deste servizo e que os medios sexan insuficientes, segundo sinalan os socialistas.