O Concello de Cerdedo-Cotobade fala de "adecuado servizo de recollida de lixo" ante as críticas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade defende que o servizo de recollida de lixo no municipio é "dos que mellor funcionan de toda a provincia, cunha periodicidade máis que regular e cuns niveis de reciclaxe e separación moi elevados, por encima case de todos os concellos, tal e como reflicten as estatísticas".
Con esta afirmación queren responder as críticas públicas que nos últimos días fixeron desde o grupo municipal socialista, afirmando que se está producindo un incremento da acumulación de residuos nos contedores, acompañando a súa denuncia cunha imaxe dos contedores de Carballedo.
O goberno local replica que a fotografía corresponde "á primeira hora da mañá do luns de San Roque para deostar de forma inxustificada e falaz o servizo municipal de limpeza". Engade que "os contedores se baleiraron o venres e habilitouse un servizo extraordinario o luns a media mañá - como figura no informe do servizo - aínda que se trataba dun festivo local".
Engaden e lembran que o único problema en Carballedo é o incumprimento na recollida do papel e cartón; xa que a adxudicataria non cumpre cos prazos de retirada establecidos no prego de condicións. Unha circunstancia que se está tratando de resolver: "só resta un ano de contrato e estamos a analizar todas as opcións coa máxima prudencia e coa lei na man".
Relacionadas:
-
Crean 'Cerco', un proxecto cultural e social para Cerdedo-Cotobade promovido polo BNG
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Critican a falta de resposta municipal ante o incremento de residuos nos contenedores do lixo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade pon fin ao programa especial de conciliación e comeza a preparar o inicio do curso lectivo
Por Redacción |