Campaña 'Volta ao cole' na Zona Monumental con sorteo de dez iPads
Por Redacción
A Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental informa que "debido á situación que estamos a vivir, o CCU Zona Monumental non pode levar a cabo a tradicional campaña 'Volta ao Cole', como viñamos facendo dende xa fai anos. Por todo elo, este ano atípico, temos unha nova campaña de dinamización, na cal queremos premiar os nosos clientes".
Por causa da situación sanitaria, a asociación de comerciantes decidiu animar as compras nos establecementos do Centro Histórico a través dun sorteo no que os afortunados poden levar un premio de categoría: un iPad.
A campaña 'A Volta ao cole ten premio na Zona Monumental' desenvolverase dende o 1 ao 15 de setembro do 2020, ambos inclusive. Por cada compra nos establecementos asociados ao CCU Zona Monumental, os clientes recibirán unhas papeletas para entrar no sorteo de dez IPad de 32 GB e 10,2 polgadas. Só será válido un premio por persoa.
O sorteo realizarase o 17 de setembro ás 13.00 horas na sede da Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental, na rúa Serra nº 1, baixo, de Pontevedra.
Para esta campaña o Centro Comercial Urbano Zona Monumental conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Grupo Froiz.