Caldas organiza un ciclo de oito talleres para combater a violencia machista e fomentar o empoderamento da muller
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis, a través da concellería de Benestar e Igualdade, pon en marcha durante o mes de setembro un programa composto por oito talleres destinados a mellorar a situación persoal das mulleres vítimas de violencia machista para favorecer o empoderamento feminino.
A iniciativa, financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, está destinada a 12 mulleres que precisan recuperar a súa autonomía e restaurar o seu proxectos vitais. O sistema de selección de participantes realizarase entre as mulleres que foron usuarias do Centro de Información á Muller (CIM) de Caldas ou dos servizos sociais.
Os talleres dos que se compón esta iniciativa son variados e inclúen desde fomentar a autoestima, comunicación e relacións interpersoais á relaxación, control da ansiedade ou construción de proxectos de vida. Cada sesión terá unha diración de tres horas diarias, salvo o de sensibilización en igualdade, que será de cinco.
A metodoloxía compaxinará unha parte teórica con outra de carácter práctico con técnicas individuais e grupais que favorezan a comunicación e o intercambio de información. Inés Fuentes, conelleira de Igualdade, subliñou que o obxectivo final desta iniciativa é o aumento progresivo do empoderamento, crecemento persoal e benestar das participantes, así como a loita contra a violencia machista.
Relacionadas:
-
Caldas programa un mes de actividades ao redor do Día Internacional da Muller
Por Redacción |
-
Noventa comercios e entidades tinguirán Caldas de negro contra a violencia machista
Por Redacción |
-
A caravana morada escenifica en Caldas o rexeitamento comunitario á violencia machista
Por Redacción |
-
O pleno de Caldas insta á Xunta a rematar a parcelaria de Saiar
Por Oskar Viéitez |
-
Juan Manuel Rey fai un balance positivo do primeiro ano de mandato en Caldas
Por Redacción |