A Escola Naval restrinxe os paseos dos alumnos
Por Oskar Viéitez
Durante os días 30 e 31 de agosto produciuse a incorporación dos 294 alumnos á Escola Naval. Aínda quedan os de novo ingreso que o farán o próximo día 10 de setembro ás 10.00 horas.
A entrada foi gradual e aplicáronse as medidas de prevención e hixiene establecidas. Organizouse un dispositivo para a entrada á escola, instalado no pavillón de deportes, onde se lles tomou a temperatura, realizóuselles un test serológico (rápido) e repartíronselles máscaras.
En oito deles detectouse a presenza de anticorpos e inmediatamente iniciaron illamento en aloxamentos individuais nun edificio independente do resto de aloxamentos de alumnos e dotación situado no interior do centro ata confirmación da proba PCR correspondente.
Todos eles resultaron negativo na proba PCR e incorporáronse á actividade da escola.
Desde a súa chegada á Escola Naval Militar ningún alumno saíu franco de paseo.
As saídas para descanso produciranse durante a fin de semana baixo unhas condicións moi restritivas e unhas medidas de seguridade e hixiene exhaustivas dentro do marco establecido en Galicia pola Xunta.
A detección temperá de posibles casos e contactos estreitos (sistema de rastrexo) así como o seu illamento e corentena será un dos puntos crave para conseguir o bo desenvolvemento do presente curso.
Baixo as directrices establecidas no plan de actuación durante a normalidade laboral na Escola Naval Militar, as autoridades militares agardan que o curso escolar se desenvolva con normalidade.
Relacionadas:
-
María Ramallo dá a benvida aos novos alumnos da Escola Naval Militar nun inicio de curso diferente
Por Redacción |
-
Incorpóranse os novatos á Escola Naval Militar
Por Oskar Viéitez |
-
A Escola Naval celebra a entrega de Reais Despachos aos novos oficiais da Armada
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Sen os Reis, sen a ministra e sen apenas invitados: así será a entrega de Reais Despachos na Escola Naval
Por Redacción |