O incremento de incineracións obriga a ampliar o número de columbarios no cemiterio de San Amaro
Por Redacción
Pontevedra ampliará o cemiterio de San Mauro debido á demanda cada vez maior de columbarios. O incremento de persoas que se incineran xerou que o Concello de Pontevedra aprobe o inicio do expediente para contratar a ampliación do cemiterio.
A concelleira Carme da Silva explicaba que o número de nichos que ofrece o camposanto é suficiente pero cada vez existe máis peticións de columbarios para as cinzas e a oferta actual resulta insuficiente para estas demandas.
A contratación conta cun orzamento de 474.656 euros e o prazo para executar a obra será de catro meses.
Contémplase a construción de 312 novos columbarios. 88 atoparanse no chan e crearanse 13 columnas de catro columbarios; 20 de 5 e 12 de 6 dentro do proxecto 'Volver á terra', que se desenvolverá en diferentes fases.
Dentro desta iniciativa contémplase a construción dunha sala para cerimonias funerarias de distintos credos e laicas. Tamén está previsto instalar dúas obras artísticas no cemiterio, unha obra escultórica de Daniel Caxigueiro e un mural, obra de Amelia Palacios.