A Lama repón un muro caído en Barbeira de Arriba
Por Redacción
Operarios municipais da Lama están a acometer estes días unha actuación de reconstrución e reforzo dun muro dun vial de acceso a varias vivendas de Barbeira de Arriba.
O muro en cuestión supoñía un problema de seguridade polo seu mal estado, xa que mesmo estaba a empezar a derrubarse nalgún tramo.
Os traballos permitirán a mellora da seguridade viaria na zona, ademais da accesibilidade a un grupo de vivendas aos que dá servizo o vial.
Trátase dunha actuación de certa complexidade xa que o seu estado obrigou aos operarios para levantar un forxado que alcanza nalgúns tramos os 5 metros de altura.