A igrexa de Santo Tomás de Caldas acolle a representación dunha obra do século XVIII a cargo do coro Vox Stellae
Por Redacción
A igrexa parroquial de Santo Tomás de Caldas de Reis acolleu o pasado domingo a actuación do coro compostelán Vox Stellae. Trátase dunha actuación enmarcada nos programas da Diocese Tui-Vigo Música na Catedral de Tui e O Teu Xacobeo. A representación, dirigida por Luís Martínez, correspondeu ao Libro III de Polifonía, que data do século XVIII, de autor anónimo e que foi achado no templo tudense.
A actividade gozou dunha excelente acollida por parte da cidadanía caldense e serviu para demostrar que esta inglesia é un extraordinario lugar para este tipo de expresións artísticas.
Situada en pleno Camiño Portugués, a igrexa de Santo Tomás é un dos elementos máis recoñecidos do patrimonio cultural de Caldas. Proxectada a finais do século XIX polo arquitecto Domingo Rodríguez Sesmero, o seu interese radica en que foi levandata cos restos da torre de Dona Urraca, a residencia dos arcebispos composteláns desde o 1228. Desta torre se consevan xanelas e peitoriis/peitorís que poden verse incrustados nos muros.