
© Mónica Patxot
O Centro de Información á Diversidade e Sexualidade de Pontevedra recibiu 33 consultas no seu primeiro semestre

Por Manu Otero

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
O Centro de Información á Diversidade e Sexualidade (Cides) do Concello de Pontevedra cumpre o seu primeiros seis meses de funcionamento condicionados por unha pandemia que limitaron as consultas presenciais pero que non evitou o interese da cidadanía pontevedresa. Un total de 33 persoas púxose en contacto neste período co Cides por vías telemáticas como o correo electrónico, o teléfono ou redes sociais como Instagram.
As principais consultas estaban relacionadas con dúbidas da poboación sobre a identidade sexual, pero tamén houbo contactos para solicitar máscaras do Concello coa bandeira LGTBI, conseguir información sobre eventos ou agradecementos pola posta en marcha deste servizo, explicou a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, na súa comparecencia para realizar o balance do primeiro medio ano de funcionamento do centro.
A socialista estivo acompañada pola directora do Cides, Ada Otero, quen detallou o contido dalgunhas consultas, que versaron, entre outros temas, sobre como contar a familiares e amigos a condición sexual, a realidade das persoas trans e solicitudes de información sobre o colectivo e estatísticas por parte de investigadores.
"Agardabamos que houbera menos xente, pero tamén sabemos que hai xente que non vén a nós por vergoña e queremos recalcar que estamos aquí para atender calquera dúbida", remarcou Otero, lembrando que se pode contactar co centro a través de teléfono, correo electrónico ou redes sociais.
Pola súa banda, Yoya Blanco subliñou que "se trata dun centro pioneiro, que comezou a súa actividade días antes do confinamento e que por iso houbo pouco traballo presencial, pero moito por redes, correo e teléfono", concluiu.
Outro aspecto que se porá en marcha nas próximas semanas será a realización de accións formativas telemáticas, anunciou Blanco.
Relacionadas:
-
O Centro de Información en Diversidade e Sexualidade pontevedrés, un "referente nacional" con 93 consultas nun ano
Por Redacción |
-
Namórate de Ti regresa para empoderar á muller a través da fotografía
Por Manu Otero |
-
Paloma Castro despídese "satisfeita" coa resposta rápida que Benestar Social deu ás necesidades marcadas pola Covid-19
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
A Caravana LGTBIQ+ estende a conciencia da diversidade polas rúas de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Centro de Información sobre Diversidade dá os primeiros pasos con 18 usuarios e moita demanda de información
Por Redacción |
-
Pontevedra encherase de plumas e flores coa bandeira do Orgullo LGTBIQ+ para dicir "non á plumofobia"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra creará un centro municipal de información sobre diversidade sexual
Por Alejandro Espiño |