Pechan o Concello de Vilagarcía ata o luns ao detectar positivos entre o persoal nos test serolóxicos
Por Redacción
O goberno local de Vilagarcía decidía este venres pechar ao público as súas portas por precaución. Permanecerán así ata, polo menos, o vindeiro luns 21. O motivo desta decisión atópase en varios casos positivos rexistrados durante as probas serolóxicas ás que se someteu persoal do Concello.
Estas persoas afectadas terán nas próximas horas que realizar un test PCR que confirme ou descarte que son portadores de virus, segundo apuntan desde o goberno de Alberto Varela.
Sinalan que en casos recentes como sucedía en Vilaxoán ou en Carril, tamén se recolleron unhas primeiras probas positivas que despois os PCR mostraron que se trataban de falsos positivos.
O goberno local lamenta os inconvenientes que o peche temporal supón para a cidadanía, pero apela á comprensión dos usuarios porque a medida adóptase para evitar calquera posibilidade de contaxio.
As persoas que requiran algún servizo poden utilizar a vía telefónica ou a telemática a través da sede electrónica.
Relacionadas:
-
Vilagarcía apraza o pleno á espera de coñecer os novos PCR
Por Redacción |
-
Sen positivos na primeira rolda de probas PCR ao goberno local e traballadores municipais de Vilagarcía
Por Redacción |
-
O alcalde de Vilagarcía volverá realizarse unha PCR para descartar un falso positivo por coronavirus
Por Redacción |