A peonalización de Benito Corbal deberá concluír antes da campaña de Nadal
Por Oskar Viéitez
A xunta de goberno do Concello de Pontevedra adxudicará o próximo luns 5 de septiembre a reforma da rúa Benito Corbal. A empresa proposta é E.C. Casas, por un orzamento total de 167.000 euros.
Segundo explicou o concelleiro de Accesibilidade, Luis Bará, a previsión é que as obras de peonalización desta rúa empecen "entre o 15 e o 20 de setembro" e que teñan un prazo de duración de dous meses. O obxectivo é que rematen os traballos antes do inicio da campaña de Nadal.
A actuación inclúe o tramo comprendido entre Sagasta e Daniel de la Sota que segundo os datos do Concello rexistra un tráfico peonil de 17.500 persoas ao día.
Coa reforma, Benito Corbal terá unha plataforma única para garantir o mesmo nivel de accesibilidade, e o tratamento do pavimento será de lastro combinado cunhas bandas escuras de formigón pulido.
As obras supoñerán a eliminación da parada de bus situada fronte a la sucursal de NovaGalicia Banco. Alí para unha liña de autobuses a Monteporreiro así como o transporte escolar.
Ademais os traballos supoñerán pequenas actuacións en Sagasta, Blanco Porto, Castelao e Daniel de la Sota, onde se retocarán algúns bordos para facilitar os xiros.
Bará reiterou que a peatonalización de Benito Corbal se estenderá a Cruz Gallástegui e Castelao, "previsiblemente no primeiro trimestre do ano 2014".
Relacionadas:
-
ÿltimos días para circular en coche por Benito Corbal
Por Redacción |
-
O Concello pacta coa empresa que peonalizará Benito Corbal que a obra estea "a mediados de decembro"
Por Redacción |
-
A peonalización de Benito Corbal custará 167.000 euros e comezará en setembro
Por Natalia Puga |
-
A peonalización de Benito Corbal estenderase a Sagasta, Castelao, Daniel de la Sota e Cruz Gallástegui
Por Alejandro Espiño |