Luisa Piñeiro visita Cerdedo-Cotobade e a Illa de Arousa
Por Oskar Viéitez
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro Arco, continúa coa rolda de visitas institucionais iniciada a pasada semana, e este mércores foi a quenda de Cerdedo-Cotobade e a Illa de Arousa.
Co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, falaron das obras do proxecto de rehabilitación do antigo complexo termal dos Baños de San Xusto, que segundo apunto o rexedor, atópase en fase moi avanzada e que estará rematado en un par de meses, así como os traballos que se acaban de iniciar da segunda fase das vivendas de alugueiro social en Cerdedo nas antigas casas de mestres. Neste senso, Cubela destacou que neste concello contarase así con ata 30 vivendas sociais.
A nivel de infraestruturas, o rexedor trasladou a María Luisa Piñeiro os dous proxectos que quedan pendentes, tanto na estrada de Augasantas a Ponte Caldelas, como na estrada cara a Campo Lameiro. Tamén informou a delegada da intención do concello de poñer en marcha unha residencia de maiores no ámbito territorial de Cotobade, tendo en conta ademais que se está a executar a nova residencia tamén de Cerdedo.
Cuestións coma a revalorización dos bens culturais e medioambientais do concello a través de Turismo de Galicia e de Medio Rural, foron outros dos temas analizados durante este encontro, no que o alcalde de Cerdedo-Cotobade preguntou pola situación da tramitación do polígono de Monte Mocín, que permitirá dinamizar economicamente este municipio.
ILLA DE AROUSA
No encontro co alcalde da Illa de Arousa, Carlos Iglesias, falaron das necesidades relativas a Portos de Galicia, en especial, a posta en marcha dunha estación marítima para acoller ao turismo de pasaxeiros, así como unha Mariña Tradicional que serva de punto de amarre e museo flotante para as embarcacións tradicionais que existen no concello, entre outras, catro galeóns.
María Luisa Piñeiro tamén recolleu a demanda do concello de rematar certas cuestións puntuais que quedaron sen concluír no vial que vai dende O Vao ata o Xufre, en especial, o carril bici, xa que o concello quere aproveitar e dar continuidade as sendas que a Consellería de Infraestruturas está a executar no concello de Vilanova de Arousa e que se prolongan a través da ponte da Illa.
Relacionadas:
-
Vilaboa quere ampliar o porto de San Adrián e potenciar o Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Telmo Martín pide a Luisa Piñeiro que a Xunta continúe a reforma da PO-308 ata Portonovo
Por Redacción |
-
A Xunta analiza con Unión Fenosa a mellora da subministración eléctrica en Pontevedra
Por Redacción |
-
O alcalde de Bueu preséntalle á nova delegada da Xunta os proxectos prioritarios para a vila
Por Redacción |
-
Luisa Piñeiro inicia en Marín a súa rolda de contactos cos municipios de Pontevedra
Por Redacción |
-
Luisa Piñeiro formaliza a súa renuncia coma alcaldesa de Moraña
Por Redacción |
-
VIDEO.- Luisa Piñeiro toma posesión coma nova delegada da Xunta en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |