Nova campaña de cribado entre o persoal dos centros sanitarios
Por Redacción
A Xunta de Galicia fará un novo cribado a todo o persoal que traballa nos centros sanitarios e levará os covid-auto aos colexios para realizar probas PCR á comunidade educativa. "Seguimos a apostar pola detección precoz, é a nosa tese desde hai meses", declarou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante o anuncio destas novas medidas de control.
A nova campaña comezará o 2 de outubro e levará a cabo cos test de dobre banda cedidos por Inditex, cos que se examinarán a preto de 44.000 profesionais "tanto do Sergas como das entidades asistenciais dependentes".
A Xunta poñerá tamén en marcha entre o venres e o luns un circuíto específico para a realización de probas PCR á comunidade educativa a través dos Covid auto. "Permitirán axilizar a realización das probas diagnósticas, diminuir o tempo de sospeita e diagnóstico, acelerar o proceso de identificación dos contactos estreitos e reducir a presión sobre a atención primaria, especialmente pediátrica”, sinalou o mandatario popular.
Todas as áreas sanitarias contarán con espazos Covid auto específicos para os posibles casos procedentes dos centros educativos. Deste xeito, cada vez que se detecte un posible case nunha aula e determínese que deben facerse PCRs, toda esa aula derivarase de forma automática á axenda das liñas Covid auto.
Lembrou Feijoo que ata o momento xa teñen realizado cribados a todo o persoal docente e non docente de Primaria, Secundaria e das escolas infantís, aos temporeros que realizan tarefas agrícolas e a membros dos Corpos e Forzas de Seguridade, así como ao persoal de prevención e extinción de incendios forestais.
A maiores levaron tamén a cabo dous cribados tanto a usuarios como a profesionais das residencias de maiores de toda Galicia.
Relacionadas:
-
Infectados por covid catro sanitarios de Urxencias do hospital de Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade incorpora a Cambados aos municipios con restricións pola covid-19
Por Redacción |
-
Comeza o cribado entre colectivos especialmente expostos
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade inicia en Pontevedra o cribado preventivo con PCR a profesionais de restauración e hostalería
Por Redacción |
-
Ningún mestre de Pontevedra deu positivo por COVID-19 nos test previos ao inicio do curso
Por Alejandro Espiño |