Manuel Charlín implicado nun accidente cando conducía sen puntos
Por Redacción
A Policía Local de Vilanova de Arousa acudiu este domingo a un accidente de tráfico rexistrado en Cálago sobre as 13.40 horas.
Ao chegar ao lugar atopáronse con que un vehículo marca Jaguar chocara por detrás contra un turismo que circulaba en sentido contrario.
Para a súa sorpresa ao volante do Jaguar estaba un home de 88 anos, co carné de conducir retirado pola perda total dos puntos e considerado reincidente ao ter cinco xuízos por delitos contra a seguridade viaria. O seu nome tamén é coñecido Manuel Charlín Gama, patriarca do clan dos charlines.
Como o Jaguar está a nome do seu fillo Melchor Charlín a Policía Local abriu dilixencias tamén contra o propietario do vehículo como cooperador necesario ao entender que lle deixou utilizar o coche a propósito de que carece do correspondente permiso.