Denunciado un veciño de Bueu que levaba medio quilo de marihuana no coche e tentou fuxir dun control da Garda Civil
Por Natalia Puga
A Garda Civil interceptou nun control de estrada un veciño de Bueu que tentou darse á fuga e eludir a vixilancia policial cando levaba no coche medio quilo de cogollos de madrugada.
Os feitos producíronse durante a tarde do sábado. Unha patrulla de Seguridade Cidadá da Compañía da Garda Civil de Pontevedra establecera un punto de verificación selectiva de vehículos na estrada EP-1304, á altura a parroquia de Cela, en Bueu, cando pasou este veciño en coche.
O condutor presentou unha actitude sospeitosa e tentou darse á fuga ao ser interceptado no dispositivo, de modo que os axentes decidiron realizar unha minuciosa inspección do turismo.
No rexistro do vehículo os axentes atoparon unha bolsa escondida no maleteiro que contiña 407 gramos de cogollos de marihuana.
O condutor, de 33 anos, recoñeceu ser o propietario da droga incautada, de modo que os axentes denunciáronlle e comunicáronlle que tiña a condición de investigado pola vía penal como autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes
O home ten varios antecedentes por infraccións administrativas e, unha vez que se lle notificou que está a ser investigado, quedou en liberdade coa obrigación de comparecer #ante a autoridade xudicial cando sexa requirido.
As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Garda de Marín.