O programa "Moraña Actívase" abonará as 85 axudas a pemes este mes
Por Redacción
O programa de dinamización socieconómica "Moraña Actívase", impulsado polo Concello para axudar á reactivación do comercio, a hostalaría e as pemes, vén de chegar ao seu ecuador co inminente pago das axudas municipais, que quedarán abonadas este mesmo mes aos seus 85 beneficiarios, e cuns bos resultados da súa campaña promocional, que xa rolda as 100.000 persoas de alcance tras o seu primeiro trimestre de funcionamento.
O alcalde, José Cela, confirmou na xornada deste mércores que os servizos técnicos municipais teñen case todo listo para proceder ao pago das subvencións nas dúas próximas semanas, con ingresos de 900 euros a cada un dos 50 negocios e autónomos que se viron obrigados ao peche polo Estado de Alarma da crise sanitaria da Covid-19 e de 400 aos 35 que reduciron a súa facturación en alomenos un 50% durante ese período.
"Estas subvencións do Concello, que pretenden apoiar aos sectores económicos, creo que chegan en bo momento para axudar ao comercio, a hostalaría, as pemes e os autónomos, que agardo que entendan que o proceso alongouse un chisco porque temos que ser moi escrupulosos cos fondos públicos e hai unha baremación e unha tramitación administrativa que cumprir para garantir que os cartos chegan a quen realmente o necesita e sufríu os efectos da primeira vaga da pandemia", explicou o rexedor.
Polo demais, o programa "Moraña Actívase" estase complementando cunha campaña promocional en redes sociais.
Relacionadas:
-
Moraña aposta por unha cabalgata de Reis segura e sortea vales de compra para o comercio local
Por Redacción |
-
Moraña concederá 85 axudas a autónomos e pemes locais para paliar as perdas pola COVID
Por Redacción |
-
Arranca o plan de dinamización 'Moraña Actívase' para impulsar a actividade do comercio e a hostalaría
Por Redacción |
-
Moraña inicia unha campaña para "activar" o comercio e a hostalería
Por Redacción |