Falece un home tras precipitarse á autoestrada desde a ponte da Barca
Por Redacción
Un home faleceu este sábado despois de precipitarse á autoestrada AP-9 desde a ponte da Barca, segundo informaron os servizos de emerxencia.
O suceso produciuse sobre as dez e media da mañá e provocou que se interrompese o tráfico na autoestrada, en sentido de circulación en dirección a Vigo.
Ao lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e da Policía Nacional.
O tráfico na AP-9 reanudouse en cuestión de minutos, aínda que un dos carrís mantivo as restricións de circulación ata que finalizou o operativo de emerxencias. En todo momento, estivo coordinado por axentes da Garda Civil de Tráfico.
Os investigadores apuntan a que a vítima se arroxou voluntariamente desde a ponte.