Quirónsalud Miguel Domínguez e ADICAM, unidos contra o cancro de mama
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez apoiou á Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico (ADICAM) cunha mesa informativa con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de mama.
Socias de ADICAM informaron a usuarios do hospital acerca do labor que realizan día a día e a importancia de sensibilizar sobre esta enfermidade, o cancro máis frecuente entre as mulleres.
Pacientes e traballadores colaboraron coa asociación adquirindo lazos conmemorativos do Día Mundial Contra o Cancro de mama e artigos promocionais, cuxos ingresos se destinarán á loita contra esta enfermidade.
SOBRE ADICAM
A Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico ( ADICAM) é unha asociación sen ánimo de lucro, que realiza apoio social e promove novos servizos, complementarios aos realizados polas institucións públicas.
Entre os seus servizos atópanse: apoio emocional, atención psicolóxica e social, información e asesoramento, charlas sobre educación para a saúde, aspectos médicos e emocionais do cancro de mama, cursos de relaxación e prevención do linfedema e a organización de actividades lúdicas e de lecer.