As policías locais da provincia trasladan as súas reivindicacións a deputados e senadores do PP
Por Redacción
Os deputados do PP de Pontevedra María Ramallo, Diego Gago e Javier Bas, así como a senadora Pilar Rojo, reuníronse este luns con representantes sindicais da Policía Local da provincia para escoitar cales son as principais demandas deste colectivo e cal é a súa situación actual na provincia co obxectivo de canalizar as súas reivindicacións cara ao Goberno.
Na reunión, na que participaron tamén os concelleiros Rafa Domínguez e Pepa Pardo, ademais da portavoz dos populares na comisión Interior do Congreso, Ana Vázquez; os populares aseguran que no Congreso "presentamos e defendemos propostas que nos fan chegar os propios profesionais".
Algunhas destas iniciativas son os coeficientes redutores da contía da pensión en caso de xubilación anticipada para a Policía Local ou a solicitude para declarar profesión de risco aos policías locais, lembran no PP algunhas das peticións que realizaron.