Rescatan unha londra ferida en Cambados
Por Redacción
Efectivos do servizo de Emerxencias de Cambados realizaron este sábado un curioso rescate: recolleron unha londra ferida na coñecida como illa das Goritas da localidade.
Segundo a información facilitada polo servizo de emerxencias, o animal estaba ferido e, tras recollelo, trasladárono á clínica veterinaria San Miguel de Cambados.
Está previsto que a londra se recupere neste establecemento ata que sexa recollido este domingo para o seu traslado a un centro público no que poida recibir a atención adecuada.