Bus turístico para coñecer a vendima en Rías Baixas
Por Oskar Viéitez
A partir do sábado, 7 de setembro e ata o próximo 26 de outubro, a Ruta do Viño Rías Baixas pon en marcha un novo recurso para achegarse e coñecer de primeira man as súas adegas e viñedos no momento máis álxido do ano, coincidindo coa vendima: o Bus do Viño Rías Baixas.
O presidente do Concello Regulador de la Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araújo, explicou en rolda de prensa que durante os sábados destes dous meses, os usuarios deste novo servizo podrán visitar cada día tres adegas, ademais de ter tempo para coñecer os recursos patrimoniais do casco histórico de Cambados ou de Salvaterra de Miño e, se así o desexan, aproveitar a oferta gastronómica dos establecementos adheridos á Ruta a uns prezos moi especiais.
"Esta é a primeira das actividades que poñemos en marcha dentro dun convenio subscrito coa Axencia Galega de Turismo, pero haberá máis", indicou Gil de Araújo. O convenio referido ten un presuposto de 50.000 euros para accións de promoción no que participan todas as denominacións de orixe de Galicia.
A viaxe terá unha duración de entre 8 e 10 horas e o prezo por persoa é de 12 euros. Os viaxeiros que o desexen terán prezos especiais para xantar en adegas ou restaurantes da ruta. Sairán dous autobuses dende Pontevedra (Praza de Galicia) e Vigo (Centro Comercial A Laxe).
As persoas interesadas en participar nalgunha destas rutas teñen que formalizar a súa reserva no 986 091 088 / 687 523 230 ou na web rutadelvinoriasbaixas.com. O límite é de 25 prazas.
Relacionadas:
-
Un total de 191.852 persoas participaron na Ruta do Viño Rías Baixas en agosto
Por Redacción |
-
Comeza unha vendima que se prevé "abundante e de boa calidade" na D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
O Consello Regulador de Rías Baixas anticipa unha colleita "de equilibrio donde todos estaremos felices y contentos"
Por Oskar Viéitez |
-
Visitas guiadas de balde na ruta do viño Rías Baixas
Por Redacción |