A oficina do DNI e o pasaporte mantén o horario ampliado e dispoñibilidade de citas
Por Redacción
As oficinas de expedición do DNI, o pasaporte e outros documentos da rúa Fernández Villaverde manteñen o horario ampliado que se implantou a principios de outubro para facilitar á cidadanía a realización destes trámites necesarios, para os que hai unha alta demanda e, segundo deron a coñecer este martes desde a Comisaría Provincial, na actualidade non hai problemas de dispoñibilidade de citas.
De luns a xoves, o horario para calquera trámite relacionado con documentación de españois é continuado de 8.30 a 19.00 horas de luns a xoves. Ata outubro, pechaba ás 17.00 horas.
Os venres, están abertas de 08.30 a 14.30 horas. En todos os casos, os trámites realízanse na antiga sede do Banco de España con acceso desde a rúa Fernández Villaverde.
Para a realización destes trámites é necesario ter cita previa, que se pode solicitar a través de Internet nesta dirección: www.citapreviadnie.es. Nestes momentos hai citas dispoñibles para os vindeiros problemas sen as habituais demoras que se ven noutras épocas do ano.
Desde a Comisaría recomendan á cidadanía que comproben a vixencia da súa documentación para evitar situacións como a alteración ou mesmo a anulación dun voo, ao negar a compañía o acceso ao titular do billete por non ter a documentación en regra, así como a imposibilidade de efectuar certos tramites debido á caducidade do documento. Pódese renovar o DNI cunha antelación á data de caducidade duns 180 días.